publicidade hoxe

A Xunta aposta por preparar ás persoas con discapacidade cara aos novos perfís profesionais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCabana de Bergantiños
A-
A+
Covadonga Toca no acto de 40 aniversario de Aspaber.

Covadonga Toca no acto de 40 aniversario de Aspaber.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, asistiu hoxe en Santiago ao acto que celebrou a Asociación de País de Persoas con Discapacidade Psíquica de Bergantiños (Aspaber) con motivo do seu 40 aniversario, onde destacou a importancia do papel dos centros especiais de emprego de Galicia e de preparar ás persoas con discapacidade cara aos novos perfís profesionais que está requirindo o mercado laboral.

Neste senso, a secretaria xeral indicou a necesidade de impulsar unha maior formación entre estas persoas para que as súas capacidades e habilidades se poidan adaptar ás demandas que están a fixar sectores estratéxicos e emerxentes da nova economía e de seguir consolidando o labor desenvolvida polos Centros Especiais de Emprego para incrementar o seu número e, polo tanto, os empregos asociados ao seu traballo.

Toca salientou que o Goberno galego a través da Axenda 20 está a traballar polo emprego inclusivo para construír “unha Galicia máis xusta, solidaria e equitativa” resaltando o compromiso da Xunta coa discapacidade e o apoio ao emprego inclusivo.

Así mesmo, resaltou a importancia de traballar para que as empresas ordinarias sigan a contratar a persoas con capacidades diferentes. “Temos que converter en algo normal que unha empresa ordinaria contrate a persoas con discapacidade e que todos xuntos, coa formación, co labor dos centros especiais e das empresas ordinarias academos esa verdadeira integración laboral e a plena igualdade de dereitos e oportunidades”.

Lembrou, ademais, que a Administración autonómica conta con axudas dirixidas aos centros especiais tanto para o mantemento do emprego dos preto de 2.000 traballadores dos preto de 110 Centros Especiais de Emprego de Galicia coa que se financia o custo salarial dos postos de traballo como para o apoio á creación e ampliación destes centros e a contratación de persoas de apoio para as persoas con discapacidade severa (coñecidas como as unidades de apoio).

Por último, a secretaria xeral apuntou que a colaboración da Xunta con Aspaber é un exemplo da aposta por unha cultura da integración, que implica o traballo conxunto tanto das administracións como das empresas e da sociedade civil.

Aspaber

A Asociación de País de Persoas con Discapacidade Psíquica de Bergantiños (Aspaber) conta cun Centro Especial de Emprego desde o ano 2000 formado por preto de 50 persoas e 4 profesionais de apoio. Os traballadores e traballadoras realizan produtos propios cara a súa comercialización vinculados co sector da carpintería e pintura, ao tempo que desenvolven servizos de limpeza viaria en diferentes concellos e a xestión do punto limpo da Laracha.

12 de decembro de 2016 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.