publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Fiscalía denuncia ao alcalde de Ponteceso por supostas coaccións e prevaricación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaPontecesoPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

O Ministerio Público denunciou por un suposto delito de prevaricación e outro de coaccións ao alcalde de Ponteceso (A Coruña), o socialista Xosé Lois García Carballido, tras a denuncia formulada polo comité de empresa, segundo confirmaron fontes de Fiscalía.

En concreto, o primeiro en presentar denuncia, ante o Ministerio Público, foi o comité de empresa do Concello por “suposto acoso e persecución contra o persoal funcionario e laboral do Consistorio”, apuntaron as mesmas fontes.

Foi nese momento cando a Fiscalía abriu unhas dilixencias de investigación penal nas que se constatou “que podía haber indicios dun posible delito por prevaricación e por coaccións”, motivo polo que, finalmente, o Ministerio Público presentou denuncia no xulgado.

COMPARECENCIA ANTE OS MEDIOS

Sobre esta causa, que tería relación con supostas situacións de “acoso” a persoal municipal e tamén cambios nas condicións laborais, o rexedor preferiu manter silencio.

En declaracións, remitiuse a unha rolda de prensa que ten previsto convocar xunto ao resto do grupo de goberno, segundo precisou. Até esa comparecencia informativa, evitou pronunciarse sobre a decisión da Fiscalía ou sobre a denuncia presentada polo comité de empresa.

9 de decembro de 2016 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.