publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Escola de Cantería de Pontevedra entrega unha pila bautismal á Escola Naval de Marín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMarínPontevedra
A-
A+
Pila bautismal entregada pola Escola de Cantería

Pila bautismal entregada pola Escola de Cantería

A deputada provincial responsable da Escola de Cantería, Montse Magallanes participou hoxe na entrega e na bendición dunha pila bautismal na Escola Naval de Marín que quedou colocada na capela do antigo hospital do centro militar.

A pila bautismal ten unhas dimensións de 85 centímetros de alto e un diámetro de un metro foi construída na súa totalidade en granito. Foi feita polos alumnos da Escola de Cantería en algo menos de cinco meses.

De pé octogonal na pila pódese ver unha cuncha de vieira no seu fondo.

Na pila pódese ver os escudos en relieve da Escola Naval Militar, da Armada Española e da Orden de Malta. Hoxe tamén descubriuse unha placa conmemorativa onde pode leeerse, textualmente, “Esta mañana fue bendecida una Pila Bautismal, en la Capilla “Nuestra Señora del Carmen” de la Escuela Naval Militar, por el Vicario de la Armada, en representación del Arzobispo Castrense.

La pila, realizada en la Escola de Canteiros de Poio, fue donada por la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra a iniciativa de los voluntarios de la Soberana Orden Militar de San Juan de Jerusalén de Rodas y Malta.”

14 de decembro de 2016 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.