publicidade hoxe

A Deputación da Coruña apoiará os actos de conmemoración do centenario de Pondal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaPonteceso
A-
A+

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, recibiu esta mañá no seu despacho da institución provincial ao alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido, e ao xerente da Fundación Eduardo Pondal, José María Varela Martínez, que presentaron os actos que a entidade está preparar de cara a 2017, con motivo do centenario do pasamento do escritor pontecesán, autor da letra do himno galego.
González Formoso comprometeu o apoio da Deputación para levar a cabo os actos de celebración desta efemérides en colaboración coa entidade, co obxecto de pór en valor a figura literaria de Pondal e as súas numerosas contribucións á cultura galega.

12 de decembro de 2016 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.