publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Deputación contrata as obras do campo de fútbol de herba sintética de Vila de Cruces

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVila de Cruces
A-
A+

O presidente en funcións da Deputación de Pontevedra, David Regades, confirmou a contratación das obras de reposición do céspede artificial do campo de fútbol de Camballón, en Vila de Cruces, un dos proxectos que hoxe se aprobaron na mesa de contratación do organismo provincial. A este concurso público presentáronse 22 empresas e gañouno a firma Mecano Sports S.L., que se comprometeu a completar a obra no prazo dun mes.

No campo de Camballón reporase a manta de céspede artificial por presentar un “elevado deterioro”, mesmo tendo desaparecido ou subsistindo cunha lonxitude mínima en distintas zonas, explicou o Deputado provincial. Estas circunstancias provocan tanto “efectos nocivos para a práctica deste deporte” como lesións nos xogadores e xogadoras. O orzamento de licitación para esta actuación era de 208.165,71 € e a adxudicación realizouse finalmente por 169.341,92 euros –case 40.000 euros menos-, sendo a Deputación de Pontevedra a que achega o total do investimento.

Con esta reforma, Vila de Cruces contará cun espazo de xogo “coas condicións idóneas” para a práctica deportiva, sinalou David Regades, e ademais permitirá que o campo sexa empregado intensivamente e cun mantemento doado. A Deputación de Pontevedra, deste xeito, continúa o seu compromiso con esta actuación que foi asinada a través dun convenio de colaboración co Concello de Vila de Cruces, seguindo os procedementos administrativos pertinentes e os parámetros legais da adxudicación á empresa gañadora para que o proxecto se poida realizar.

7 de decembro de 2016 | 17:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.