publicidade hoxe

A Deputación colabora na recuperación da casa de Man en Camelle

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCamariñas
A-
A+

A Deputación da Coruña colaborará na recuperación da Casa de Man en Camelle cunha achega de 20.000 € para a execución do proxecto elaborado pola arquitecta Covadonga Carrasco.

O deputado da Área de Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira e o alcalde do Concello de Camariñas, Manuel Alonso de León asinaron este martes día 13 un convenio de colaboración para a execución das obras de recuperación da Casa de Man en Camelle.

A Deputación da Coruña comprométese a unha achega de 19.992,34 €, o 80% do orzamento total da contrata que ascende a 24.990, 42 €. O proxecto técnico de execución está redactado pola arquitecta Covadonga Carrasco López

Covadonga Carrasco, do estudo Creu&Carrasco, é autora, entre outras obras, da lonxa de Fisterra, vivenda de Toba en Cee, remodelación do porto de Malpica e da Sede da Fundación Luís Seoane. Entre outros premios, o estudo recibiu o Premio Bienal Española de Arquitectura e Urbanismo e o Juana de Vega pola Casa Chao e o XIV Premio COAG por Casa Mercedes o o porto de Malpica. O estudo Creus&Carrasco participou, coa apoio da Área de Turismo da Deputación da Coruña, na Bienal Internacional de Arquitectura de Venecia neste mesmo ano cun proxecto de promoción das intervencións na Costa da Morte.

O proxecto da Casa de Man contribuirá á conservación e recuperación do espazo deseñado polo artista alemán Manfred Gnädinger que morreu en decembro de 2002, pouco despois de que o Prestige enchera de chapapote a costa galega e tamén o espazo artístico que el creara á beira do mar, na costa de Camelle.

13 de decembro de 2016 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.