publicidade hoxe

A Deputación adxudica a contratación do campo de fútbol de herba sintética de Salvaterra de Miño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraSalvaterra de Miño
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación adxudicou hoxe o contrato para a execución da obra que vai permitir que o Concello de Salvaterra de Miño conte cun campo de fútbol de céspede sintético, en concreto en Fornelos-Oural.

Esta actuación, que lle foi adxudicada á firma COVSA entre as 20 empresas presentadas a concurso e que comezará de xeito inmediato, desenvolverase nun prazo de 4 meses e contará cun orzamento de 350.593,77 €.

A Deputación de Pontevedra achegará o 75% do orzamento e o Concello de Salvaterra o 25% restante para este proxecto, co que se reformulará o campo de fútbol de terra actual para introducir céspede artificial, garantindo a seguranza das cativas e dos cativos que practican este deporte. Amais, tamén se instalará unha rede de rego e nova iluminación e así mesmo melloraranse todas as instalacións necesarias para a correcta utilización deste campo, colocando 2 porterías de fútbol 11 e 4 de fútbol 7, para as máis cativas e cativos, dúas bancadas de xogadores e bandeiríns de córner flexibles.

Con esta adxudicación dáselles resposta ás demandas da veciñanza do concello, que reclamaba con urxencia as actuacións que de modo inmediato se desenvolverán en Fornelos-Oural”.

28 de decembro de 2016 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.