publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home morre en Boimorto ao ser golpeado por un cabalo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoimortoLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home duns 70 anos faleceu en Andavao, no termo municipal de Boimorto, ao ser golpeado na cabeza por un cabalo, segundo informa o CAE 112 Galicia. Este suceso produciuse sobre as 19,00 horas do luns, e segundo o relato realizado por testemuñas ao 112 o animal bateu desbocado contra o seu dono provocándoo a morte no momento.

O 112 Galicia tivo coñecemento da situación a través da alerta de Urxencias Médicas. Pola súa banda, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias avisou a Protección Civil e á Garda Civil.

15 de novembro de 2016 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.