publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un home falece atropelado por un turismo en Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosVimianzo
A-
A+
Europa Press

Un home de 69 anos faleceu na mañá deste venres tras ser atropelado por un turismo no centro da localidade coruñesa de Vimianzo. Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 8,30 horas deste venres na AC-432, ao seu paso por Vimianzo.

Até a zona desprazáronse efectivos da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil, á vez que foron informados os Bombeiros de Cee.

Así mesmo, foi mobilizada unha ambulancia asistencial do 061 e persoal sanitario do centro de saúde de Vimianzo, que non puideron facer nada por salvar a vida do home, de iniciais JTR.

25 de novembro de 2016 | 10:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.