publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Sofre unha saída de vía e publica o video do accidente nas redes sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarreirosLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Uns mozos viron a través das redes sociais que un amigo sufrira un accidente co coche que conducía este luns en San Miguel de Reinante, en Barreiros (Lugo).

De inmediato, sobre as 23,00 horas, chamaron o 112 para pedir axuda, aínda que descoñecían o lugar exacto do sinistro. O 112 tratou de comunicarse co accidentado, pero foi imposible.

De xeito paralelo, pediu a colaboración da Garda Civil de Tráfico e do GES de Cervo. Tamén puxeron os feitos en coñecemento dos bombeiros de Viveiro e de voluntarios de Xove e Foz.

Os axentes da Garda Civil e bombeiros revisaron o vídeo publicado nas redes sociais para intentar recoñecer a estrada, pero xa non foi necesario, posto que os amigos lograron poñerse en contacto co accidentado, que estaba en perfecto estado de saúde.

Segundo indicaron o 112, o vehículo que conducía saíuse da vía e estaban a esperar pola grúa. O servizo de emerxencias apunta que rexeitaron a asistencia médica.

29 de novembro de 2016 | 13:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.