publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Santiago Villanueva di que aínda “non hai datos exactos do móbil” de Diana Quer

Europa Press

O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, afirmou este luns que os investigadores seguen coa análise do móbil da moza madrileña Diana Quer, desaparecida a finais de agosto na localidade coruñesa da Pobra do Caramiñal, pero que aínda “non hai datos exactos” sobre este dispositivo.

A preguntas dos medios con motivo da súa presenza nun acto na Coruña, o delegado do Goberno puntualizou que “non hai nada descartado” e que “todas as hipóteses están abertas” no caso, que segue baixo segredo de sumario.

Villanueva recalcou que se segue analizando o contido do móbil. “Ese proceso está iniciado, non está rematado”, dixo o delegado, que explicou que, por agora, “non hai datos exactos do móbil” e que se segue analizando para comprobar se a información de alberga é “útil” e se se pode incorporar, ou non, á investigación.

“Todas as actuacións e probas son as que en cada momento van analizando os investigadores e as que consideran pertinentes”, afirmou o delegado, tras ser preguntado se a Garda Civil busca a Diana Quer nun radio de 50 quilómetros dende Taragoña.

Ao respecto, Villanueva insistiu en que “todas as hipóteses están abertas” e explicou que, “en función de como vai evolucionando a investigación, se tende cara a un lado ou cara a outro”.

21 de novembro de 2016 | 13:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.