publicidade hoxe

Os veciños de Mercurín-Lesta xa poden usar os novos predios da parcelaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOrdes
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio da Consellería do Medio Rural sobre a toma de posesión provisional das parcelas resultantes do proceso de reorganización da propiedade de Mercurin-Lesta sector II, no concello coruñés de Ordes. Isto significa que os veciños poden comezar a usar os novos predios, dando así un paso máis no proceso de reestruturación desta zona.

Neste proceso lévanse investidos 2.564.529 euros, que permitiron a reorganización da propiedade de 3.575 parcelas pertencentes a 653 propietarios. A través destas reestruturacións do territorio a Xunta contribúe a modernizar as explotacións agrícolas e gandeiras, mellorar os accesos, facilitar a mobilidade da poboación a través da rede de camiños e aumentar o valor da base territorial.

A partir da toma de posesión, os adxudicatarios poderán reclamar ante a xefatura territorial de Medio Rural na Coruña no caso de que existan diferenzas superiores ao 2% entre a cabida real dos novos predios e a que conste no expediente de concentración. O prazo para presentar os correspondentes recursos é de 60 días.

30 de novembro de 2016 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.