publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O xerente dun taller mecánico responsabiliza a un dos comerciais de estafas no financiamento de vehículos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaSucesosVilasantar
A-
A+
Europa Press

O xerente dun taller mecánico en Vilasantar (A Coruña) responsabilizou un dos comerciais das presuntas estafas de financiamento cometidas entre os anos 2008 e 2010 na compravenda de varios vehículos de segunda man.

A Audiencia Provincial da Coruña acolleu este luns a primeira sesión contra o xerente dun taller mecánico, tamén dedicado á compravenda de vehículos, acusado de modificar datos na documentación que lle entregaban os clientes para conseguir financiamento. A Fiscalía solicítalle seis anos de prisión e que indemnice os prexudicados.

Segundo sostén no seu escrito o Ministerio Público, o home realizou vendas de varios cuatriciclos e tractores de segunda man “tramitando a algúns clientes o financiamento e, nos supostos no que sabía o financiamento non lle sería concedía, modificaba os datos das nóminas e documentación”.

Na súa declaración, o home, acusado dos delitos de estafa e falsidade, negou a súa participación nos feitos e responsabilizou destes un dos comerciais que traballou no seu taller durante o tempo no que se cometerían as estafas.

“FACÍASE PASAR” POLO SEU SOCIO

En concreto, declarou que este home, que traballaba como autónomo e tiña comisión en función das operacións de compravenda que xestionaba, “se facía pasar” polo seu socio para conseguir máis clientes.

Ante o tribunal, o procesado explicou que se dedicaba á mecánica dos automóbiles e que, polo tanto, non envío ningún tipo de documentación á financeira. Asegura que os comerciais eran “os responsables” de xestionar as devanditas operacións coa financeira.

28 de novembro de 2016 | 17:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.