publicidade hoxe

O Supremo declara nulo o veredicto de culpabilidade dun varón polo homicidio do seu irmán en Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSucesosVilagarcía de Arousa
A-
A+
Europa Press

A Sala do Penal do Tribunal Supremo declarou a nulidade do veredicto dun tribunal do xurado formado na Audiencia de Pontevedra que, en xullo de 2014, declarou culpable a un veciño de Vilagarcía de Arousa por delito de homicidio imprudente do seu irmán, e ordenou celebrar un novo xuízo oral cun xurado e un maxistrado-presidente diferentes. O home foi condenado a 11 meses e 15 días de prisión.

A Audiencia aplicou as atenuantes de lexítima defensa, medo insuperable, estado de necesidade, estado pasional, confesión e reparación, e non atendeu as peticións da Fiscalía nin da acusación particular -exercida pola familia do falecido-, que reclamaba entre 15 e 20 anos de cárcere dependendo de se os feitos se consideraban homicidio ou asasinato.

Neste contexto, o Tribunal Supremo estimou na súa sentenza o recurso da acusación particular e declara a nulidade do veredicto, baseando a súa decisión na “contradición insalvable” na que incorreu o veredicto anulado.

Así, sinala que o xurado non considerou probado que o acusado reflexionase sobre as consecuencias do seu disparo (razón pola que exclúen o dolo eventual de morte), pero si mantivo que tras cargar a escopeta lle disparou á perna con intención de deter o avance da vítima, antes de que puidese alcanzar a súa posición e por medo a que usase unha navalla contra el.

24 de novembro de 2016 | 17:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.