publicidade hoxe

O Pontevedra CF lamenta a perda de Filipe Machado, exgranate e vítima do accidente aéreo en Colombia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaPontevedra
A-
A+
Europa Press

O Pontevedra Club de Fútbol lamentou este martes a perda de Filipe Machado, exxogador granate e vítima do accidente aéreo en Colombia.

“Loito no mundo do fútbol”, lamenta o Pontevedra a través da súa conta oficial de Twitter. Machado xogou no equipo da cidade do Lérez na tempada 2006-2007, cando deu o salto ao fútbol europeo.

Actualmente xogaba no Chapecoense de Brasil, cuxos integrantes desprazábanse este martes nun avión para xogar a final da Copa Sudamericana que se estrelou nunha zona montañosa do noroeste de Colombia. En total, 76 dos 81 ocupantes morreron.

A Confederación Brasileira de Fútbol (CBF) tamén expresou a súa “consternación” tras coñecer a noticia do accidente do avión que trasladaba ao equipo Chapecoense, xornalistas e convidados que viaxaban a Colombia para o partido de ida da final da Copa Sudamericana ante o Atlético Nacional.

29 de novembro de 2016 | 16:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.