publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Falece un operario en Frades tras caer dende unha altura de tres metros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFradesLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un operario faleceu na mañá deste martes na localidade coruñesa de Frades tras caer dende unha altura de tres metros. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu sobre as 12,30 horas nunha granxa situada no lugar de Canedo, cando o operario se precipitou dende unha altura de tres metros.

Ata o lugar desprazouse unha dotación sanitaria do 061, que só puido confirmar o falecemento do home. Así mesmo, interviñeron efectivos da Garda Civil, que investigan as circunstancias do suceso.

16 de novembro de 2016 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.