publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Falece o ocupante dun vehículo que caeu ao mar no porto de Muros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMurosPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha persoa morreu este venres tras caer co seu vehículo ao mar na zona do porto de Muros, na Coruña. Aínda que os servizos de emerxencias trataron de reanimar a vítima tras ser rescatada do turismo, finalmente resultou falecido.

Segundo informou o Centro de Atención a Emerxencias 112-Galicia, foi un particular quen deu a alerta sobre as 14,45 horas deste venres, indicando que un vehículo se precipitara ao mar no porto de Muros.

Ao lugar trasladáronse os Servizos de Urxencias Médicas 061, o GES e a Policía Local de Muros, así como os Bombeiros de Cee. Tamén foi mobilizado o Servizo de Gardacostas e Salvamento Marítimo.

Fontes de emerxencias confirmaron que o ocupante do vehículo foi rescatado do seu interior e que, porteriormente, foi atendido por persoal sanitario do helicóptero medicalizado con base en Santiago, desprazado ata a zona. Non obstante, finalmente a vítima faleceu.

Ata o punto desprazouse tamén o barco auxiliar Sebastián de Ocampo, de Salvamento Marítimo, para proceder a retirar o vehículo do mar.

18 de novembro de 2016 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.