publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Eliminan “toda posible ameaza” da web do Bispado de Lugo atacada por un grupo tunecino islamista

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaLugoO PáramoPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

O responsable da páxina web do Bispado de Lugo, José Manuel Castro, indicou que, tras o ataque informático recibido por parte dun grupo tunecido que “proclama o Islam como única relixión”, os traballos centráronse en “pulir o código para eliminar toda posible ameaza que poida quedar oculta nos distintos ficheiros do servidor”.

Un traballo que, como comentou o tamén párroco no Concello do Páramo (Lugo), prolongouse durante as últimas horas.

Castro Alba explicou que o ataque procede “dun grupo tunecino (Tunisian Cyber Resitance All Falaga Team) que proclama o Islam como única relixión e traslada esa mensaxe por Internet”. “Non só atacaron á Diocese de Lugo, senón que en todo o mundo están a atacar distintas webs e tamén en España”, precisou.

O cura lucense confesa que, deste grupo, “non” coñece “nada máis do que aparece neste hackeo, ten unha páxina en Facebook e unha canle de vídeo en Youtube”.

Así mesmo, indicou que en distintas páxinas se presenta como “un grupo non islamista pero que quere defender os musulmáns no mundo dos ataques que sufran”. “Pero eles están a atacar á súa vez”, reconveu.

RESTABLECER O SISTEMA

Castro Alba sinalou que o ataque informático os “pillou por sorpresa” no Bispado. “O primeiro foi restablecer o sistema para que desaparecese esa mensaxe e que o posible virus fose eliminado do servidor para que non se propagase por máis páxinas. É ao que dedicamos os nosos esforzos”, expuxo.

Finalmente, asegurou que o hackeo non supuxo ningún trastorno económico, só “rompedeiros de cabeza e horas dedicadas a solucionar o problema”. “Quedou niso”, resolveu.

22 de novembro de 2016 | 18:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.