publicidade hoxe

Cores Tourís felicita ao pazo Baión polo recoñecemento como mellor Rincón enoturístico de España

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilanova de Arousa
A-
A+

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, asistiu esta mañá á presentación á sociedade do galardón como Mellor Rincón Enoturístico de España ao Pazo Baión, otorgado pola Asociación Española de Rutas do Viño (Acevín).

O delegado territorial felicitou aos responsables desta adega que alberga o maior proxecto enoturístico desenvolvido en Galicia e que obtén agora o premio ao “Mellor rincón ou paisaxe enoturístico” por contar “cun dos paisaxes máis espectaculares do panorama vitivinícola mundial” así como por albergar edificios tan emblemáticos como unha adega centenaria, un pazo do século XV, unha vaqueira e un pombal.

José Manuel Cores Tourís destacou a traxectoria da adega Pazo Baión a través do proxecto desenvolvido na finca dende 2008 pola firma Condes de Albarei. “Quero facer extensiva esta felicitación tamén os viticultores que fan que as nosas vides obteñan a uva de gran calidade que permite producir o noso albariño, así como tamén ao Consello Regulador que está a traballar sen descanso para promocionar e potenciar os nosos viños tanto en España como en todo o mundo”.

O responsable territorial insistiu na aposta decidida da Xunta de Galicia polo sector do viño, recordando que nos últimos 4 años, a administración autonómica destinou 30 millóns de euros a Rías Baixas, a metade dos cales destináronse á comercialización e modernización das adegas, outro 25% a internacionalización, e finalmente outro 25% para a reestruturación de viñedos “de cara a axudar aos nosos viticultores”.

Por suposto, o delegado territorial tamén tivo palabras de felicitación para o concello de Vilanova de Arousa, “que está a potenciar o aumento de peregrinos a través da Variante Espiritual”, e para o de Cambados, “xa que estamos a falar de municipios que traballan en pro do desenvolvemento do sector vinícola e turístico, ambos moi unidos. Neste senso, gustaríame felicitar especialmente ao municipio de Cambados, e en concreto ao concelleiro José Ramón Abal, por conseguir converterse na Cidade Europea do Viño, o que significará un importante pulo de atracción para os visitantes”, engadiu.

Cores Tourís recordou que este galardón corresponde tanto á anterior corporación como a actual, “xa que ambas traballaron para que fora posible, seguindo a liña que permitiu conseguir en 2005 a certificación do Salnés como Ruta do Viño de España e en 2009 a celebración dun congreso internacional sobre viño que trouxo a Cambados máis de 500 membros de confrarías enogastronómicas de 9 países”.

O principal obxectivo destes premios é estimular e recoñecer os esforzos que o sector veu realizando en materia de Enoturismo nos últimos anos, tanto a nivel empresarial como institucional para a promoción da oferta enoturística do país.

Cores Tourís recoñeceu o importante traballo da actual e anterior corporacións de Cambados para conseguir que este galardón fora posible, seguindo a liña que permitiu obter en 2005 a certificación da Ruta Rías Baixas como Ruta do Viño de España e en 2009 a celebración dun congreso internacional sobre viño que trouxo a Cambados máis de 500 membros de confrarías enogastronómicas de 9 países”.

O principal obxectivo destes premios é estimular e recoñecer os esforzos que o sector veu realizando en materia de Enoturismo nos últimos anos, tanto a nivel empresarial como institucional para a promoción da oferta enoturística do país.

25 de novembro de 2016 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.