publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Alcoa obtivo mellores resultados ás dúas anteriores poxas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCervoLocal Portada
A-
A+
Europa Press

Alcoa, con plantas na Coruña e San Cibrao (Cervo, Lugo), recoñece que obtivo este ano resultados “mellores” para 2017 dos que logrou nas dúas anteriores poxas do servizo de interrumpibilidade.

O pasado venres Rede Eléctrica de España (REE) informou de que completara o proceso de asignación con bloques que suman 2.975 megavatios (MW) de potencia interrompible a grandes consumidores, dos que 807,5 megavatios corresponden a Galicia.

Ao respecto, fontes da empresa consultadas destacaron que agora a dirección analizará os resultados “e o seu impacto na produción de aluminio primario”.

Na primeira fase da poxa, Alcoa en Galicia conseguiu catro bloques de 90 MW: un na factoría coruñesa e tres na da Mariña luguesa.

Durante os últimos anos, a multinacional do aluminio fixo pública a súa intención de estudar medidas de axuste que foron dende o despedimento de parte do equipo á venda -ou entrada de novos investidores- das súas fábricas.

21 de novembro de 2016 | 19:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.