publicidade hoxe

A Consellería de Política Social forma en aplicación de produtos fitosanitarios a unha trintena de persoas en Vilagarcía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVilagarcía de Arousa
A-
A+

Unha trintena de persoas, participantes na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020 – co-financiada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo-, remataron hoxe un curso de aplicación de produtos fitosanitarios, que se desenvolveu no Concello de Vilagarcía.

Esa formación, organizada polo equipo de Inclusión en Vilagarcía do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, da Consellería de Política Social, foi impartida dende o pasado 14 de novembro e tivo unha duración total de 27 horas.

Os contidos do curso xiraron en torno a conceptos relacionados co control de pragas, riscos para o medioambiente, perigosidade dos produtos para a saúde das persoas, medidas para reducir os riscos ou equipos de aplicación.

Esta actuación, incluída nos itinerarios deseñados polos equipos de Inclusión do Consorcio, ten como finalidade aumentar as competencias e coñecementos das persoas participantes, para favorecer e posibilitar o seu acceso a profesións que se adaptan ás esixencias reais do mercado laboral.

24 de novembro de 2016 | 18:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.