publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Audiencia de Pontevedra declara a nulidade de actuacións no caso de suposta malversación do alcalde de Caldas

Europa Press

A Audiencia Provincial de Pontevedra declarou a “nulidade” de actuacións na causa aberta contra o alcalde de Caldas de Reis (Pontevedra), o socialista Juan Manuel Rey, por un suposto delito de malversación.

O propio rexedor caldense ratificou esta declaración de “nulidade”, co que a causa volve ao xulgado de instrución de Caldas. Os detalles do auto daraos a coñecer este martes nunha rolda de prensa.

No caso está imputado por supostamente pagar con fondos públicos unha multa coercitiva por non executar o derrubamento dunhas vivendas no municipio pontevedrés.

Este caso remóntase a hai máis de cinco anos, cando Juan Manuel Rey xa declarou nos xulgados ao respecto do derrubamento dun edificio e polo que fora acusado de desobediencia.

Tras varios anos de imputacións, o rexedor caldense chegou a mostrar a súa queixa polo que entendeu unha “vulneración de dereitos fundamentais” e acabou protestando activamente varrendo as rúas do propio núcleo urbano do municipio onde goberna.

21 de novembro de 2016 | 19:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.