publicidade hoxe

Un home resulta ferido grave tras sufrir unha descarga eléctrica en Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+
Europa Press

Un home resultou ferido de gravidade na madrugada deste xoves tras sufrir unha descarga eléctrica ao subir por unha torre na localidade pontevedresa de Mos.

Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu sobre as 6,30 horas na parroquia de Dornelas. Foi un veciño o que alertou da situación tras oír o estalido da descarga eléctrica e escoitar o ferido pedindo axuda.

Ata a zona desprazáronse os efectivos dos Bombeiros de Baixo Miño, de Protección Civil e da Garda Civil. Unha ambulancia do 061 trasladou o ferido, con queimaduras por todo o corpo e en estado grave, ao Hospital Povisa de Vigo.

No momento da descarga, o home atopábase subido a unha torre eléctrica, aínda que os efectivos de Protección Civil descartaron que se tratase dun traballador e descoñecen os motivos que levaron á vítima a trepar pola torre.

6 de outubro de 2016 | 16:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.