publicidade hoxe

Un home ferido grave ao ser atropelado en Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalínSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home de avanzada idade resultou ferido grave tras sufrir un atropelo a última hora da tarde do mércores no termo municipal de Lalín (Pontevedra).

Segundo informou o CAE 112 Galicia, os feitos tiveron lugar na Rúa da Ponte sobre as 20,30 horas do mércores na localidade de Lalín.

A vítima quedou inconsciente, tirada no chan e foi trasladado de urxencia nunha ambulancia medicalizada ao Complexjo Hospitalario Universitario A Coruña.

O 112 Galicia recibiu o aviso da Policía Local ás 20,30 horas e informou a Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros do Deza. Tamén se alertou o GES de Lalín e a Protección Civil.

27 de outubro de 2016 | 17:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.