publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un bombeiro ferido na extinción dun lume nun alpendre en Salceda de Caselas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalceda de CaselasSucesos
A-
A+
Europa Press

Un bombeiro foi evacuado na mañá deste martes ao resultar ferido cando traballaba na extinción dun lume nun alpendre no termo municipal de Salceda de Caselas (Pontevedra).

Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon sobre as 7,00 horas deste martes cando efectivos do parque comarcal de Baixo Miño traballaban na extinción dun lume en Salceda de Caselas.

En concreto foi un particular o que alertou ao CAE 112 Galicia do incendio dun alpendre no lugar de Pegullal, tras o que se pasou aviso aos membros do parque comarcal de bombeiros e á Garda Civil.

Ademais, solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, posto que un dos efectivos de extinción resultara ferido ao tratar de sufocar as lapas.

Ao lugar, segundo concretaron fontes sanitarias, o 061 desprazou unha ambulancia asistencial que levou ao operario ferido, D.B.F., de 40 anos, ao Hospital Fátima de Vigo.

Pola súa banda, segundo informaron os bombeiros, o lume, que foi extinguido, calcinou por completo o alpendre onde se almacenaban apeiros de traballo do campo.

18 de outubro de 2016 | 16:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.