Trasladan un home tras caer dunha casa en Arzúa
Un home duns 48 anos de idade foi evacuado este martes en helicóptero a un centro hospitalario tras precipitarse ao baleiro nunha casa no municipio coruñés de Arzúa. Segundo informou o 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 12,00 horas deste martes nunha casa situada no lugar de Seixas, no termo municipal de Arzúa.
Ao lugar acudiu unha ambulancia asistencial e un médico para prestar asistencial ao precipitado, J.A.V.S., de 48 anos, que finalmente foi evacuado no helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela ao Hospital Clínico, segundo indicaron fontes sanitarias. Ademais, tras recibir a alerta do persoal sanitario, o 112 Galicia solicitou a colaboración da Garda Civil e de efectivos de Protección Civil de Arzúa.