publicidade hoxe

Sol Vázquez destaca na Coruña a importancia da innovación e as novas tecnoloxías para a competitividade do comercio de proximidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, salientou hoxe na Coruña a importancia da innovación e as novas tecnoloxías para impulsar a competitividade do comercio de proximidade. Neste sentido, Vázquez Abeal, que participou nun taller comercial, enmarcado no Plan Integral de Apoio á Competitividade do Comercio Minorista -impulsado pola Secretaría de Estado de Comercio, dependente do Ministerio de Economía y Competitividad, coa colaboración da Xunta e as Cámaras de Comercio-, no que sinalou a aposta da Xunta polo establecemento do smart commerce, un novo modelo de comercio intelixente que sitúa o cliente no centro da súa estratexia.

Neste ámbito, tal e como apuntou a directora xeral durante a súa intervención no taller celebrado na Cámara de Comercio, Industria, Navegación e Servizos da Coruña, céntrase o segundo dos retos do Plan estratéxico de impulso ao Comercio de Galicia. Así, apóstase por incrementar a innovación no sector como un dos factores clave para mellorar a súa posición competitiva, impulsando as vendas en internet e novas fórmulas de comercialización dos produtos, así como de mellora do seu deseño e presentación.

Preto de 1.000 comerciantes e artesáns galegos benefícianse este ano das axudas por máis de 3 millóns de euros que vén de conceder a Consellería de Economía, Emprego e Industria dentro do programa para impulsar o smart commerce e o comercio en liña, no cal obtiveron tamén apoios 6 federacións e asociacións do sector comercial e artesán.

18 de outubro de 2016 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.