publicidade hoxe

Publicada a orde de aprobación do PXOM das Nogais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs NogaisLugo
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (http://bit.ly/2e9X98z) publica hoxe a orde de aprobación do PXOM de As Nogais, un novo paso que culmina o longo proceso de traballo e que permitirá actualizar o planeamento urbanístico vixente, moi básico e xa obsoleto, con 25 anos de antigüidade, xa que foron aprobadas en 1991.

Este documento contribuirá á posta en valor do patrimonio arquitectónico e natural do municipio, a través da delimitación do trazado do Camiño de Santiago ao seu paso por este municipio; a creación dunha área divulgativa sobre o castiñeiro no entorno das Nogais, un bosque de máis de 10 ha. e a existencia de dous importantes espazos naturais protexidos, como o Espazo Ancares- Courel e Espazo Cruzul– Aguieira, clasificados como solo rústico de especial protección de espazos naturais.

Outra das vantaxes do novo planeamento é que prevé as reservas de solo necesarias para a implantación dos sistemas xerais e dotacións tendo en conta a capacidade residencial do plan, ubicadas principalmente no entorno do núcleo urbano para facilitar o acceso de toda a poboación do concello.

Cabe destacar que o PXOM aposta tamén por promover a actividade económica, fixar unha reserva de solo de carácter empresarial no entorno do núcleo urbano de As Nogais, que permitirá a implantación de empresas no concello; un ámbito que se atopa nunha zona de baixo impacto ambiental e con posibilidade de acceso directo dende a autovía A6.

Xa por último no que se refire aos contidos concretos do planeamento, o plan xeral recolle un núcleo urbano, As Nogais, un ámbito que está clasificado na maior parte como urbano consolidado. Asemade, recolle 54 núcleos rurais na súa maior parte de carácter tradicional e con morfoloxía propia de núcleos de montaña, compactos e definidos por estructuras claras. Así, o 37 % da capacidade residencial do PXOM concéntrase no solo urbano (252 vivendas en urbano consolidado e 20 en urbano no consolidado) fronte o 63% dos núcleos rurais (480 vivendas).

O departamento autonómico investiu preto de 105.000 euros para colaborar na redacción deste PXOM.

14 de outubro de 2016 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.