publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

O Tribunal Supremo confirma a sanción a Alonso Escuris S.L. polo imposto sobre sociedades do exercicio 2008

Europa Press

O Tribunal Supremo confirmou a sanción que impuxo en 2013 o Tribunal Económico Administrativo Rexional de Galicia a Alonso Escuris S.L. polo imposto sobre sociedades correspondente ao exercicio 2008.

A infracción debíase a que no devandito ano a compañía declarou unha contía duns 1,16 millóns de euros como cantidade pendente de dedución en exercicios futuros, cando xa fora aplicada en 2005.

A sala do contencioso-administrativo desestima agora o recurso de casación para a unificación de doutrina que interpuxo a empresa, ao considerar que non existe a identidade requirida entre a sentenza recorrida e as de contraste.

No seu recurso, Alonso Escuris S.L. alegaba que non existía culpa ou mala fe na súa conduta e que se debeu a un erro na aplicación informática da oficina que fixo a declaración.

Non obstante, o fallo do Supremo apunta que unha de sentenzas alegadas como contraditorias “se refire a un suposto de falta de ingreso” en período regulamentario de parte da débeda tributaria”. Outra, “aínda que referida a un suposto semellante no que se alegaba erro informático”, valora as circunstancias concorrentes que facían “doadamente deducible a existencia dun erro”.

“Non existe pois a identidade requirida entre os supostos confrontados”, advirte antes de incidir en que, ao contrario, “todas as sentenzas consideradas remiten un labor interpretativo do tribunal de instancia e unha aplicación da proba caso por caso, o que impide a asimilación aos supostos contemplados polas sentenzas invocadas como termo de comparación”.

13 de outubro de 2016 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.