publicidade hoxe

O alcalde de Oroso sae en defensa de Leiceaga como voceiro parlamentario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Oroso (A Coruña) e membro da xestora do PSdeG, Manuel Mirás, saíu en defensa de Xoaquín Fernández Leiceaga como voceiro do grupo parlamentario na Cámara galega e da presidenta deste órgano de transición, Pilar Cancela.

Así, o rexedor orosano manifestou “por suposto” o seu “apoio” a Pilar Cancela e destacou que Leiceaga “ten toda a lexitimidade para ser voceiro parlamentario ata o final da lexislatura”.

O mesmo día en que o secretario provincial do PSOE en Pontevedra, Santos Héctor, censurou o que denominou “o autonomeamento” de Leiceaga como voceiro; o rexedor de Oroso saíu en defensa do que foi candidato á Presidencia da Xunta nas recentemente celebradas eleccións autonómicas.

Ademais, indicou que a xestora “debe levar o partido ata as primarias á Secretaría Xeral e o Congreso Nacional Galego” e remarcou que “o cambio de xestora non soluciona nada”.

7 de outubro de 2016 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.