publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Localizan o cadáver do octoxenario desaparecido en Cerdedo-Cotobade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCerdedoCotobadeLocal PortadaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un helicóptero da Garda Civil localizou este martes o cadáver de Manuel C.G., de 83 anos de idade, a desaparición da cal fora denunciada pola súa familia o pasado xoves, segundo confirmaron fontes do Instituto Armado.

O helicóptero, que forma parte do dispositivo de busca despregado dende hai días, avistou o corpo pasadas as 12.00 horas nunha área de maleza da zona coñecida como Atalaia de Viascón, a poucos quilómetros da vivenda do home, tamén esa parroquia de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).

A familia de Manuel denunciou a súa desaparición ao non ter noticias súas dende o xoves pola tarde. Efectivos da Garda Civil, con medios aéreos e caninos, así como de Protección Civil e veciños voluntarios, despregaron un operativo de busca que, finalmente, deu froitos este martes.

25 de outubro de 2016 | 19:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.