publicidade hoxe

Extinguido o incendio forestal de Carballeda de Valdeorras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballeda de Valdeorras
A-
A+
Europa Press

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal que afectaba dende a tarde do domingo ao concello ourensano de Carballeda de Valdeorras e que queimou preto de 28 hectáreas.

Segundo indicou a través dun comunicado o departamento autonómico, o lume, que comezou sobre as 19,25 horas do domingo na parroquia de Candeda, quedou extinguido ás 20,05 horas deste luns.

No operativo de extinción participaron 7 axentes, 24 brigadas, dúas motobombas, unha pa e dous helicópteros. As últimas estimacións apuntan a que a superficie afectada polas lapas é de 27 hectáreas rasas e 0,87 arboladas.

11 de outubro de 2016 | 12:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.