publicidade hoxe

Ethel Vázquez destaca o investimento dun millón de euros na mellora de dúas estradas de Boqueixón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+
Ethel Vázquez na visita ao Concello de Boqueixón.

Ethel Vázquez na visita ao Concello de Boqueixón.

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións, Ethel Vázquez, destacou hoxe o investimento de 1 millón de euros no acondicionamento de dúas estradas e na construción dunha nova senda no concello de Boqueixón. Así o dixo na visita que esta mañá realizou a este municipio para supervisar as obras en marcha na Travesía de Boqueixón e abordar co alcalde, Ovidio Rodeiro, o proxecto de construción do novo itinerario peonil.

A titular de Infraestruturas en funcións detallou que actualmente a Xunta está a executar as obras de mellora das estradas AC-960, a travesía que vertebra o municipio de leste a oeste, e nun tramo da AC-261, que conecta directamente con Santiago de Compostela, para mellorar a seguridade viaria.

Vázquez Mourelle destacou que un dos obxectivos principais do Goberno galego é a mellora das estradas coa fin de beneficiar aos veciños das mesmas, así “só no Concello de Boqueixón estamos investindo para a mellora do firme destas estradas máis de 400.000 € cos que melloraremos a seguridade e a comodidade dos seus usuarios”.

Esta actuación compleméntase co proxecto da senda peonil de 2 quilómetros, que unirá A Susana e A Eirexe co Polígono de Sergude, unha obra que mellorará a mobilidade dos veciños de Boqueixón e, especialmente, da gran cantidade de peóns que percorren esta estrada.

A responsable de Infraestruturas do Executivo autonómico indicou que “nesta senda investiremos 600.000 € e a vindeira semana someteremos o proxecto a información pública, para que toda as persoas que o desexen poidan facernos chegar as súas achegas”. Polo que “deste xeito, este ano poderemos pechar o proxecto construtivo para proceder á licitación das obras”, remarcou.

A senda forma parte das actuacións proxectadas dentro do Plan de Sendas de Galicia para a comarca de Santiago, co que se está a vertebrar a mobilidade peonil de once ámbitos de Galicia baixo criterios de integración paisaxística, sustentabilidade e seguridade viaria, ao tempo que incentivamos hábitos de vida máis saudables.

24 de outubro de 2016 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.