publicidade hoxe

Controlado o incendio forestal rexistrado en Carballeda de Valdeorras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballeda de Valdeorras
A-
A+

A Consellería do Medio Rural informa do control do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Candeda.

O lume comezou onte ás 19:25 horas da tarde e quedou controlado ás 15:25 horas desta mañá. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 25 hectáreas rasas. No operativa de extinción levan traballado 7 axentes, 23 brigadas, 2 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

10 de outubro de 2016 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.