As testemuñas de Adif e Comboios non revelan contradicións nin nada estraño
Os testemuños solicitados este martes pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) acerca do descarrilamento do Tren Celta en O Porriño, en diversas entrevistas realizadas a traballadores de Adif e Comboios, serviron para ratificar algunhas das informacións xa coñecidas, e non se revelaron datos sorprendentes, “nin contradicións nin nada estraño”.
Así o han traslado, en declaracións aos medios, dous dos investigadores desta Comisión, que confirmaron que se entrevistaron con 6 persoas, dous delas traballadores de Comboios de Portugal. Entre os testemuños solicitados, están o do responsable do Centro de Mando de Ourense, o xefe e un compañeiro do maquinista (que faleceu no sinistro), e operarios de mantemento de Adif.
Aínda que non transcendeu o contido desas entrevistas, os técnicos da CIAF confirmaron que non atoparon “nada sorprendente” nin que chame a atención especialmente” neses testemuños. “Todo foi na liña do que xa sabemos e investigamos”, apuntaron.
En todo caso, precisaron que a investigación está nunha fase “moi temperá”, a de solicitar toda a información posible, e que todos eses datos, tanto os obtidos nas inspeccións do tren e a vía, como os achegados polas persoas entrevistadas este martes, serán “analizados e contrastados”.