publicidade hoxe

A Xunta finaliza a construción dun novo tramo de beirarrúas na estrada AC-550 no concello de Ribeira

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRiveira
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de rematar as obras de construción dun novo tramo de beirarrúas e a renovación das existentes na estrada AC-550, ao seu paso por Oleiros, no Concello de Ribeira.

Estes traballos foron adxudicados á empresa Construcciones Oñial, S.L. por un importe de 46.640,90 euros.

As actuacións consistiron na execución de 155 metros de beirarrúa na marxe esquerda da AC-550, no núcleo de Oleiros, entre os puntos quilométricos 101+785 (límite entre os concellos de Ribeira e Porto do Son) e 101+940, punto no que conectará coa xa existente.

As obras completáronse neste tramo coa instalación dunha rede de saneamento e a pavimentación da beiravía resultante tras a execución da beirarrúa. Ademais, renováronse 222 metros da beirarrúa existente no entorno da ponte sobre o rego Sanchanás (p.q. 102+540 a 102+760, aprox.), que se atopaba deteriorada.

17 de outubro de 2016 | 16:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.