publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Escola de Turismo Itinerante celebra unha nova xornada de formación de “Profesionalización no Camiño”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPortomarín
A-
A+

Turismo de Galicia ofreceu unha nova xornada de formación do programa “Profesionalización no Camiño” que desenvolve a Escola de Turismo Itinerante, dentro do seu plan de accións prioritarias co obxectivo de mellorar o nivel de profesionalización do sector facendo especia fincapé na atención ao peregrino e a súa experiencia en Galicia.

O curso tivo lugar na Casa da Cultura de Portomarín e ofreceu aos profesionais da hostalería deste municipio polo que transcorre a Ruta Xacobea formación sobre a Atención ao Cliente.

Con este tipo de cursos, a Escola de Turismo Itinerante do CSHG busca mellorar a calidade do servizo en sala dos restaurantes do Camiño, incidindo na calidade e técnicas na atención ao cliente, no coñecemento dos diferentes tipos de clientes e no tratamento de queixas e reclamacións.

Deste xeito, estes cursos formativos teñen como obxectivo concienciar e facilitar aos profesionais, que son grandes promotores do Camiño de Santiago e da gastronomía galega, as ferramentas precisas para que o cliente reciba unha atención de calidade nos establecementos que visitan.

O programa de formación no Camiño de Santiago celebrará a súa próxima xornada en Melide, na aula de formación que a Asociación Empresarios Terra de Melide (ASETEM) ten na rúa Lino Sexto. As persoas que queiran participar poden inscribirse na páxina web do Centro Superior de Hostalería de Galicia.

Así mesmo, durante o próximo mes de novembro a Escola de Turismo Itinerante impartirá novos cursos para os restaurantes do Camiño de Santiago: ‘A importancia da gastronomía galega na cultura xacobea en Galicia’ e o ‘Menú do Peregrino como potenciador dos produtos autóctonos’.

O primeiro pretende dar a coñecer diferentes opcións de menú feitos con produtos galegos e a forma de optimizar os procesos de elaboración e aprovisionamento para facer unha oferta rendible. O segundo quere poñer en valor a gastronomía de Galicia no Camiño de Santiago.

18 de outubro de 2016 | 17:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.