publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Xunta e Concello de Boqueixón asinan un convenio para o acondicionamento do inmoble que albergará o futuro centro sociocomunitario da vila

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBoqueixón
A-
A+
O conselleiro de Política Social na sinatura do convenio

O conselleiro de Política Social na sinatura do convenio

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou esta mañá na Casa do Concello de Boqueixón un convenio de colaboración para financiar o acondicionamento da edificación para Centro Sociocomunitario, que será realizado polo concello coruñés. Rey Varela insistiu unha vez más na “importancia do diálogo entre as administracións públicas e da coordinación dos recursos autonómicos e locais que posibilita a mellora da calidade de vida dos galegos e das galegas, como neste caso, o acondicionamento e posta en marcha do Centro Sociocomunitario da vila coruñesa”.

Na sinatura do acordo, protagonizada polo conselleiro de Política Social e o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, establecéronse as bases de colaboración entre ambas as dúas partes para o financiamento da edificación situada na parroquia de Sergude, no lugar de Pumares, para Centro Sociocomunitario.

Ao abeiro do convenio, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar achegará ao Concello de Boqueixón unha cantidade máxima de 200.000 euros durante as anualidades 2016, 2017 e 2018 (data na que o convenio quedará sen vigor).

O convenio entre Política Social, a través do Consorcio, e o Concello de Boqueixón, asínase de acordo coa misión do propio Consorcio de participar na dirección, avaliación e control da xestión dos servizos sociais de ámbito local, con atención especial á xestión integral das Escolas Infantís de titularidade municipal, no ámbito territorial dos entes consorciados.

Deste xeito e a través da sinatura do convenio, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar dá cumprimento ás súas competencias de garantir o acceso de todos os galegos e galegas a uns servizos sociais públicos de calidade; incrementar os niveis de cobertura, intensidade e calidade de atención dos distintos servizos e prestacións; e realizar unha distribución efectiva dos servizos e prestacións a fin de dar resposta ás necesidades reais da poboación.

7 de setembro de 2016 | 19:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.