publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Un perito confirma que o freo do tren sinistrado no Porriño funcionaba e non había “nada irregular” na vía

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaO PorriñoPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

Un dos peritos que participou este venres na inspección do tren sinistrado no Porriño (Pontevedra) confirmou que o freo do convoi funcionaba ben, e que non se detectou “nada irregular” na vía.

Segundo explicou Juan Carlos Carballeira, enxeñeiro de camiños designado pola Xunta, as probas realizadas este venres, e á espera de que aínda se realicen outras periciais, permiten sinalar que non se atopou “ningún fallo”. “Todo saíu ben, dentro dos parámetros das súas especificacións”, apuntou.

Non obstante, este perito precisou que aínda é prematuro avanzar unha tese definitiva sobre as causas do accidente, ou falar de fallo humano como única causa do sinistro. A ese respecto indicou que “exceso de velocidade houbo, pero segue sin saber a causa” e que se están a “estudar todas as posibilidades que hai”.

Carballeira tamén indicou que, segundo os datos coñecidos ata o momento, tanto os sinais acústicos como luminosas funcionaron con normalidade. “El recoñecera o sinal, e comprobamos que o tren frea ben, mesmo agora despois do accidente”, subliñou.

INSPECCIÓN

Dende primeira hora da mañá e ata pasadas as 13,00 horas, tanto este perito como o resto de técnicos de Adif, Renfe e Comboios de Portugal estiveron a inspeccionar os vagóns segundo e terceiro do tren, así como as vías.

Con respecto á máquina automotor que encabezaba o convoi, Carballeira confirmou que, debido ao mal estado no que está, “non permite ningunhas comprobacións”. Así mesmo, explicou que, neste momento, o material rodante está “en perfecto estado” como para ser trasladado e non é necesario que permaneza na estación, aínda que esa é unha decisión que corresponde á xuíza de instrución número 2 do Porriño, que investiga as circunstancias do sinistro.

Na xornada deste venres fíxose unha inspección xeral, comprobacións dos parámetros de rodadura relacionados coa seguridade, medida do diámetro da roda “asociada á caixa negra para chequear a velocidade” e outras probas.

Non obstante, quedan probas pendentes, que se levarán a cabo posiblemente a semana que vén. Entre esas periciais aínda por realizar están comprobacións no percorrido da vía e nos encravamentos, “un sistema de seguridade que fai que o tren vaia por unha vía e non por outra”.

CATRO FALECIDOS

O descarrilamento do tren ‘Celta’, que une Vigo e Oporto, produciuse o 9 de setembro sobre as 9,25 horas, a poucos metros da estación do Porriño, e causou catro mortos (entre eles, o maquinista, de nacionalidade lusa) e 49 feridos.

Segundo os datos rexistrados nas caixas negras, no momento de accidente, o tren circulaba a 118 quilómetros por hora, malia que tiña que facelo a 30 por hora, debido aos traballos de mantemento na vía principal.

23 de setembro de 2016 | 17:01 • Sen comentarios

Comentarios pechados.