publicidade hoxe

Un incendio en Oímbra obriga a activar a alerta por proximidade a vivendas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOímbraSucesos
A-
A+
Europa Press

Outro incendio forestal declarado este martes na provincia de Ourense, neste caso no termo municipal de Oímbra, obrigou a activar a alerta por proximidade a vivendas.

En concreto, a denominada ‘situación 2’, por proximidade a casas, foi activada pola Xunta como medida preventiva porque as chamas están preto dos núcleos de Espiño e Bousés.

Este martes rexístranse temperaturas moi altas para a época do ano, con máis de 40 graos en varios puntos da provincia ourensá, e outro lume en Muíños provocou a alerta por proximidade á poboación.

6 de setembro de 2016 | 16:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.