publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Tomiño recoñece a labor de Daniel Pino no 10º Acto Cívico das festas do Alivio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

Na 10ª edición do Acto Cívico do Alivio, o Concello de Tomiño homenaxeará, como o vén facendo habitualmente, a un tomiñés distinguido. Este ano o acto, que terá lugar o domingo 11 de setembro ás 11.00 horas na Praza do Seixo, terá coma protagonista a Daniel Pino Vicente, sociólogo e urbanista, nado en Forcadela en 1943 e autor, entre outros, do libro Galicia Urbana, que vén de presentar xunto a Rubén C. Lois, profesor da USC.

Fundador da empresa Consultora Galega  e director do IGVS durante o goberno do bipartito na Xunta de Galicia. 

O Concello de Tomiño quere recoñecer con este acto cívico a traxectoria de Daniel Pino especialmente no eido do urbanismo, salientando o seu gran coñecemento da xeografía rural e urbana, unha das súas paixóns. 

O homenaxeado deste ano ten no seu haber numerosas obras no ámbito científico e literario, así coma importantes premios pola súa labor no eido do urbanismo (Premio Europeo de Urbanismo pola Ordenación e Recuperacións Integral do Conxunto Histórico de Allariz e o seu río. 1994; Premio Galicia de Deseño polo Plan Xeral de Ordenación de Vilagarcía. 1985, ou Premio Nacional de Urbanismo polo Plan Especial de Protección do Pazo de Oca e o seu entorno. 1981).

1 de setembro de 2016 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.