Reactívase o incendio que afecta ao parque natural do Xurés
O incendio forestal que afecta ao parque natural do Xurés, no termo municipal de Muíños (Ourense), e que se dera por controlado, reactivouse.
En concreto, a Consellería de Medio Rural informa de que este lume se volveu activar e que xa queimou unha superficie de máis de 20 hectáreas (ían unhas 2 hectáreas na anterior comunicación da Xunta).
As lapas iniciáronse na parroquia de Requiás na tarde-noite deste luns e déranse por controladas na mañá deste martes.