publicidade hoxe

Publícase a aprobación do expediente de información pública e o proxecto de construción das obras de mellora da estrada Pancenteo-Marzán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO RosalPontevedra
A-
A+

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a aprobación do expedente de información pública e o proxecto de construción da mellora da estrada que une as localidades de Pancenteo e Marzán (PO-353) na provincia de Pontevedra ao sei paso polo Concello do Rosal, concretamente, entre os puntos quilométricos 3+150 ao 5+360. Este anuncio pódese consultar na seguinte dirección: http://goo.gl/fQYhLn

O proxecto ten por obxecto a mellora da seguridade vial e a accesibilidade, tanto dos vehículos como dos peóns, actualizando e complentando a drenaxe e a sinalización existente en dito vial.

As obras, que darán continuidade ás executadas na Guarda, contemplan unha actuación na sección da estrada, a renovación e ampliación das beirarrúas, a incorporación dunha senda peonil, a substitución da drenaxe lonxitudinal, e a ampliación das drenaxes transversais. Ademais, do reforzo de firme e renovación da sinalización, balizamento e defensas ao longo do treito obxecto do proxecto.

Con isto, ao Concello do Rosal deberá adaptar o seu planeamento urbanístico o contido no proxecto.

Con estas accións aumentarase a comodidade da circulación ao ampliar o raio das curvas e se incrementará a seguridade e facilitarán os xiros en condicións máis seguras, reordenando as interseccións existentes no tramo.

5 de setembro de 2016 | 19:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.