publicidade hoxe

Política Social e Concello da Laracha asinan un convenio de colaboración para impulsar a construción dun centro comunitario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+
Rey Varela asinando o convenio co alcalde da Laracha. Foto: X. Crespo

Rey Varela asinando o convenio co alcalde da Laracha. Foto: X. Crespo

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o alcalde do concello da Laracha, José Manuel López Varela, asinaron esta mañá un convenio de colaboración para o financiamento das obras de construción dun centro sociocomunitario, nesta localidade coruñesa coa finalidade de mellorar a calidade de vida e o benestar dos seus veciños e veciñas.

Mediante este documento a Consellería de Política Social, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, compromete unha contribución máxima para o financiamento desta infraestrutura de 200.000 euros; mentres que o concello asumirá a xestión do centro, en calquera das modalidades previstas na lexislación vixente, polo que atenderá os gastos de funcionamento do equipamento unha vez construído.

O conselleiro de Política Social salientou a importancia da colaboración entre administracións para que “as políticas sociais cheguen ás persoas que máis o precisan co fin de asegurar unha cobertura equilibrada dos servizos sociais”. Ambos os mandatarios saudaron esta medida coa que a Xunta de Galicia incrementará a dispoñibilidade de equipamentos de servizos sociais nesta localidade coruñesa.

7 de setembro de 2016 | 18:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.