publicidade hoxe

Os investigadores agardan novas probas na desaparición de Diana Quer

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Pobra do CaramiñalLocal PortadaSucesos
A-
A+
Europa Press

Os investigadores manteñen abertas distintas actuacións en relación á desaparición da moza madrileña Diana Quer en A Pobra do Caramiñal (A Coruña) e están “á espera de novas probas que se poidan achegar” derivadas da análise de sinais de móbiles, vehículos e matrículas e testemuñas recollidas.

Así o confirmou este martes en Santiago o delegado do Goberno, Santiago Villanueva, en declaracións aos medios, tras participar nun almorzo informativo.

Tras recordar a decisión do xulgado que dirixe as investigacións de prorrogar durante un mes máis o segredo das actuacións, Villanueva precisou que “seguen as investigacións” sobre o caso e se está “á espera da concreción das probas” realizadas pola Garda Civil.

“Fixéronse moitas actuacións e van seguir facéndose, tanto nos lugares ‘in situ’ como por temas telefónicos e con entrevistas que ratifican ou contradín as declaracións anteriores”, dixo o delegado do Goberno, que apuntou que os investigadores están tamén á espera de novas probas que se poidan achegar”.

EN DISTINTAS LIÑAS

Santiago Villanueva defendeu o traballo realizado pola Garda Civil, con “equipos reforzados” dende Madrid, que analiza distintas liñas, como a localización do móbil da moza o día da súa desaparición, o pasado 22 de agosto, o posicionamento doutros “móbiles na zona”, a análise de matrículas e vehículos, as posibles testemuñas e entrevistas co seu ámbito de amizades e familia.

Tras desexar que o caso se resolva “dunha forma positiva”, Villanueva garantiu que os investigadores manteñen “tódalas vías abertas” e que, polo momento, non hai unha hipótese “preferente” sobre a desaparición da moza, de 18 anos.

20 de setembro de 2016 | 13:19 • Sen comentarios

Comentarios pechados.