publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Os familiares do desaparecido en Baiona pídenlle que volva e creen que se lle “cruzaron os cables”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaPortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

O pai e a irmá de Iván Durán Valverde, o mozo de 30 anos desaparecido en Baiona (Pontevedra) desde o pasado día 25, pídenlle “por favor que volva” ou que lles diga “que está ben”, mentres creen que se lle tiveron que cruzar os cables” para que falte de casa.

“Que por favor me dea unha chamada, e que o pense, que estou esnaquizado”, dixo o seu pai, Juan Durán. “Se quere facer a súa vida, respectámolo, pero que veña a recoller as súas cousas, que deixou todo”, engadiu a súa irmá, Judith.

No operativo de procura, por zonas de litoral e monte que van desde Vigo a Baiona, participa desde este mércores unha unidade canina, así como axentes da Garda Civil, Policía Local de Vigo, Baiona e Nigrán, veciños, familiares e achegados, segundo sinalou unha amiga da familia.

Respecto diso, o pai do desaparecido destacou que “o factor humano” tivérono “desde o minuto 1″, coa “total dispoñibilidade” da Garda Civil e da Policía Local, de veciños, familiares e amigos, pero, segundo lamentou, até agora os corpos de seguridade traballaron “cos medios que tiñan”.

Así, e como xa fixese a familia de Iván Durán este mércores, lembrou que “é moito máis mediático o caso da Coruña”, pola desaparición da moza madrileña Diana Quer, aínda que o do seu fillo, segundo dixo, tamén cre que responde a unha “desaparición involuntaria”.

“BLOQUEO MENTAL”

“Desapareces ou ben porque te manipulan mentalmente ou ben porque tes un shock mental”, apuntou o pai, antes de subliñar que a súa relación co seu fillo era boa e que as discusións que tiñan eran “normais”.

Ademais, quitou relevancia á nota que deixou o seu fillo, xa que non lle dá “a menor importancia”. “É un bloqueo mental. E eu teño a alma en cachizas”, incidiu.

Si recoñeceu que nos últimos tempos Iván “tivo varios paus”, pola perda do seu avó, a non consecución dunha praza pública na Xunta e os obstáculos para a apertura dun negocio. As trabas burocráticas que afrontou no último caso, segundo o seu pai, “afectáronlle moitísimo”, polo que o mozo pensaba que “todo” estaba “contra” el.

1 de setembro de 2016 | 12:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.