publicidade hoxe

O rexedor de Navia de Suarna sinala que apareceron fardos de herba na zona do incendio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNavia de Suarna
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Navia de Suarna (Lugo), José Fernández, sinalou a posibilidade de que o incendio na parroquia de Raio, que arrasou ata agora 90 hectáreas, fose intencionado, en tanto que “apareceu un fardo de herba” pegado a un palleiro na zona na que se orixinou o lume.

Malia que a Xunta desactivou a denominada ‘situación 2’ de alerta para as casas, seguen traballando para controlalo numerosos medios do operativo contra incendios, ademais de efectivos do Grupo de Emerxencias supramunicipal.

Fernández destacou que pola noite se produciron “situacións de tensión” porque “estaba moi cerca da vivendas, pero sempre con medios para controlar”.

A Consellería de Medio Rural eleva a máis de 300 as hectáreas queimadas polos incendios na provincia de Lugo dende o pasado luns, con focos en Navia de Suarna, A Fonsagrada e Chantada.

A FONSAGRADA E CHANTADA

O incendio rexistrado este mércores ás 8,34 da mañá e que calcinou 104 hectáreas (44 arboladas e 64 de monte raso) na parroquia de Paradavella, en A Fonsagrada, está controlado dende as 21,38 horas deste mércores.

Segundo veciños da zona, o lume calcinou torres repetidoras do sinal telefónico, o que mantén varios pobos sen servizo de teléfono e Internet.

Por último, en Chantada, o incendio iniciado o pasado domingo ás 15,00 horas na parroquia de Requeixo foi controlado o luns ao amañecer. Xa queimou 106 hectáreas, das que 49 eran arboladas e 57 de monte raso.

8 de setembro de 2016 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.