publicidade hoxe

O Plan Concellos achega 2.100 euros a Vilagarcía para subministrar o parque infantil de tráfico

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVilagarcía de Arousa
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar un novo investimento en Vilagarcía de Arousa ao abeiro da liña 1, investimentos, Plan Concellos 2016. Neste caso, trátase dunha axuda de 2.111,02 € que financiará o subministro de catro coches de pedais e dous remolques de asentos adicionais para o parque infantil de tráfico.

Anteriormente, o concello do Salnés xa recibiu outras axudas do Plan Concellos. En concreto, 964.842,62 € en liña 1 para o subministro e instalación dun sistema de megafonía no salón de plenos municipal, dun sistema de copias de seguridade e dun sistema de gravación e postminutaxe das sesións plenarias, para a realización de melloras no sistema eléctrico a través de dous “switches”, o subministro dunha motocicleta e cinco bicicletas á Policía Local, obras varios de acondicionamento e mellora do punto limpo de Pinar do Rei, a construción dunha escola infantil en Vilaxoán e con destino ás instalacións multideportivas de Carril.

Na liña 2 –gastos correntes, amortización e pagamento de débedas– achegáronse 33.500 € para gastos correntes novos, así como outros 51.537 € na liña 3 –actividades deportivas, culturais, musicais e medioambientais– para o desenvolvemento dun programa de actividades no eido da Igualdade e prevención da violencia de xénero, o “Tecnoverán 2016”, os gastos de funcionamento do Conservatorio Profesional de Música e dúas intervencións con familias en situación de emerxencia social e para a inclusión da poboación xitana. Por último, na liña 4 -plans de emprego- déuselle o visto bo a unha contía de 322.322,04 € para a contratación de 34 traballadores e traballadoras.

Ata o de agora, o Plan Concellos xa ten entregado o 93,8% do que lle corresponde a Vilagarcía de Arousa, situando neste momento o investimento na vila en 1.357.806,78 €.

20 de setembro de 2016 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.