publicidade hoxe

O lume aproxímase ao núcleo da Illa nun incendio en Entrimo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaEntrimo
A-
A+
Europa Press

O lume aproximouse ás casas no núcleo da Illa nun incendio forestal declarado no termo municipal de Entrimo, na provincia de Ourense. Por iso, a Consellería de Medio Rural informou da activación, como medida preventiva, da denominada ‘situación 2’, de alerta por proximidade a vivendas.

A provincia de Ourense rexistra esta semana unha vaga de incendios que calcinaron en apenas un día case 3.300 hectáreas de superficie, e varios focos de magnitude e perigo para poboación seguen activos.

7 de setembro de 2016 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.