publicidade hoxe

O DOG publica o cambio de titularidade do treito de estrada provincial que une os accesos ao Molle de Portocelo e o Portiño de Morás a prol do concello de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugoXove
A-
A+

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto polo que se aproba o cambio de titularidade a prol do Concello de Xove dun tramo da estrada provincial LU-P-2607, entre os accesos ao Molle de Portocelo e ao Portiño de Morás. No seguinte enlace pódese consultar información relativa ao decreto: goo.gl/pR43mG

O Concello de Xove solicitou á Xunta o cambio de titularidade do tramo da estrada provincial LU-P-2607 situado entre os puntos quilométricos 6+800 (intersección co acceso ao Molle de Portocelo) e 9+935, final actual na súa intersección coa vía provincial LU-P-2601, de Xove ao Portiño de Morás.

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda ten entre as súas funcións a tramitación dos cambios de titularidade das estradas incluídas nas redes das entidades locais, logo do acordo das administracións afectadas. Os cambios de titularidade deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia.

O cambio de titularidade será efectivo ao día seguinte da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia e a entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes mediante a sinatura da correspondente acta.

Corresponderalle ao Concello de Xove, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular das estradas.

16 de setembro de 2016 | 17:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.